CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alfombra vermella para estrear a curta “A mellor sopa do mundo”, no CEIP de O Bolo

Con paseo pola alfombra vermella e arcos de globos de cores, traxes de gala, flocos de millo, photocall, butacas numeradas… Coidando ata o máis mínimo de detalle, e rodeados de familiares e veciños, os alumnos do CEIP de O Bolo estreaban na mañá do 16 de maio neste colexio a curtometraxe “A mellor sopa do mundo”.

Trátase dunha produción audiovisual realizada “con técnica stop motion e protagonizada polas nosas alumnas de Educación Infantil, e que foi presentada a varios concursos e certames organizados pola Consellería de Educación”, tal e como se informa dende a dirección do centro.

 

 

O programa desta estrea, á que acudían numerosas persoas, comezaba coa recepción das actrices e “paseo da fama”, cunha sesión de photocall, seguida da recollida das entradas para ver a proxección, ademais da posibilidade de coller flocos de millo e refrescos. Xa ás 12:30h. tiña lugar a presentación e proxección da curtametraxe. O acto concluía cunha degustación de petiscos para os asistentes.

 

Fotos: CEIP de O Bolo.

 

Cartel da estrea desta curta.

Artigos relacionados

Back to top button