En portadaGalerías de fotosÚltima hora

As alfombras do Corpus engalanan o casco antigo do Barco

Dende a rúa San Roque ata a praza de San Mauro, as rúas están tapizadas con diferentes e coloristas motivos para recibir á procesión do Corpus

Son moitos días de traballo e un esforzo que se intensifica na fin de semana do Corpus. As rúas do casco antigo do Barco ferven de actividade dende a tarde do 17 de xuño. Os veciños afánanse en preparar cada detalle dunhas fermosas e coloristas alfombras florais (e doutro tipo de materiais) que adornan esta zona para recibir, no mediodía do 18 de xuño as alfombras do Corpus.

A partires das unha a procesión percorrearas e serán tamén moitos os veciños doutras zonas do Barco os que se achegarán para admirar estes mimados e fermosos tapices florais. Da organización destas alfombras ocúpase a Asociación de Veciños Porto da Barca.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Máis fotos:
https://osil.info/o-barco-celebra-o-corpus-christi/
https://osil.info/petin-e-rua-vella-vistense-de-cor-para-celebrar-o-corpus/

Artigos relacionados

Back to top button