En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Alfombras florais baixo a chuvia no Barco

Dende a madrugada os veciños do casco antigo preparan as alfombrais florais polas que pasará en torno á unha a procesión do Corpus Christi

Malia ás malas condicións meteorolóxicas, os veciños do casco antigo barquense afánanse por preparar as tradicionais alfombras florais coas que adornan as súas rúas no Corpus Christi. Desta volta, tiveron que cambiar os plans á última hora e substituír materiais habituais coma o sal, xa que coa chuvia desfaise por completo.

Aínda así, ataviados con chuvasqueiros, erguíanse de madrugada para debuxar e preparar cada un destes fermosos tapices florais entre as rúas de San Rúa e a praza da Igrexa de San Mauro. Sobre eles pasará a procesión do Corpus Christi ao redor da unha da tarde.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button