CulturaCulturaÚltima hora

Alfonso Blanco, director xeral de Portocabo, anuncia o nacemento de Portocabo Atlántico

Esta nova empresa terá a súa sede en Lisboa e "nace como produtora de contidos de calidade para televisión e plataformas internacionais”

O director xeral de Portocabo, Alfonso Blanco./ Cedida.

 

A produtora galega Portocabo, cuxo director xeral é o valdeorrés Alfonso Blanco, vén de participar en ONSeries Lisboa, un evento creado para apoiar a produción audiovisual independente de Portugal e de fala portuguesa e co fin de promover o talento e a coprodución internacional. Alfonso Blanco aproveitou a ocasión para anunciar o nacemento dunha nova empresa portuguesa con sede en Lisboa: Portocabo Atlántico.

En palabras de Alfonso Blanco, membro tamén da Academy of Television Arts & Sciences, “tras máis de 5 anos traballando con Portugal, un lugar no que nos sentimos como na casa, e nun momento no que o mercado audiovisual portugués está en plena expansión, queremos aproveitar a nosa experiencia para reforzar as alianzas xa forxadas a través da nova produtora: Portocabo Atlántico. Unha empresa que terá a súa sede en Lisboa. Nace como produtora de contidos de calidade para televisión e plataformas internacionais”.

Portocabo colleitaba grandes éxitos no país luso con series como Vidago Palace (coprodución internacional con Hop Filmes! para RTP e TVG, dispoñible en HBO) ou as dúas tempadas da recente gañadora dos premios Celtic Media Festival Auga Seca (coprodución internacional con SPi para RTP e TVG, dispoñible tamén en HBO). Portocabo é responsable, entre outras producións, da serie multipremiada Hierro, unha coprodución entre Movistar+, ARTE France, Portocabo e Atlantique Productions.

Artigos relacionados

Back to top button