ConcellosÚltima hora

Alfonso Llano celebra o seu centenario en Sober

Con el xa son once os veciños deste municipio lucense que superan os 100 anos de idade
Alfonso Llano González tocando o acordeón na súa festa de cumpreanos./ Foto: Concello de Sober.

Sober vén de sumar un novo centenario. Alfonso Llano González celebraba o 10 de xaneiro o seu cen cumpreanos. Natural de Vilavalde (Figueiroá), Alfonso conta que anda 5 quilómetros todos os días. Foi carteiro, castrador, carpintero, taxidermista, labrego, músico… sempre activo.

Na tarde do seu cumpreanos estivo acompañado da súa irmá Flora de 93 anos, do seu fillo Pedro, da súa nora, netas e outros familiares. Tamén acudía á celebración o alcaldede Sober, Luis Fernández Guitián, e a exalcaldesa Raquel Arias.

Con el son xa 11 (catro homes e sete mulleres) os centenarios que ten este municipio lucense. Llano González tocou no seu cumpreanos o acordeón para os seus compañeiros de residencia, o que evidencia o bo estado de saúde no que se atopa.

Artigos relacionados

Back to top button