ConcellosÚltima hora

Alfonso Rueda: “A nova programación do Xacobeo estará en continua adaptación”

O vicepresidente primeiro mantivo unha xuntanza telemática con representantes da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago

 

Na mañá deste luns 8 de febreiro, o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, mantiña unha xuntanza telemática con representantes da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, onde lles indicou que a Xunta está a traballar na nova programación do Xacobeo, que “estará en continua adaptación como consecuencia da situación sanitaria actual e da prórroga concedida que permitirá converter este Ano Santo nun evento inédito que se prolongará durante dous anos”.

Alfonso Rueda, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e da comisaria Xacobeo 2021, Cecilia Pereira resaltou que a prolongación ata 2022 foi unha demanda grazas á cal “esperamos que centos de peregrinos se podan achegar a Galicia ao longo destes dous anos”. Ademais, o titular da Vicepresidencia primeira, fixo especial fincapé en que nestes momentos “é preciso estudar vías de colaboración e poñer proxectos en común”, e nesta liña, indicou a importancia social e económica que supón a celebración deste Xacobeo como “gran oportunidade no proceso de recuperación económica da nosa comunidade, especialmente para o sector turístico polo que a Xunta continua a traballar na aposta de Galicia como destino seguro”.

Artigos relacionados

Back to top button