En portadaÚltima hora

Alfonso Rueda, proclamado sexto presidente da Xunta de Galicia

Publicidade

 

No mediodía deste xoves o pleno do Parlamento de Galicia elixía a Alfonso Rueda Valenzuela como presidente da Xunta de Galicia. A súa candidatura recibía os votos do seu grupo, 41, fronte aos 33 en contra que lle dos deputados dos grupos do BNG e do PSdeG.”

“É un orgullo ser o presidente da Xunta, o representante de todos os galegos e galegas. Seguirei gobernando tendo moi presentes aos galegos de onte, no recordo; aos de hoxe, na cabeza; e aos de mañá, no corazón. Con todas as miñas forzas, gobernarei para toda Galicia”, dicía Rueda.
Coa elección de Alfonso Rueda como presidente, remataba a sesión de investidura que comezou o pasado martes.
O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, comunicará a elección ao rei Felipe VI e ao presidente do Goberno de España de cara á publicación do Real Decreto de nomeamento do presidente da Xunta de Galicia. Ao igual que en anteriores ocasións, esta comunicación efectuarase por vía telemática con sinatura electrónica.

 

A toma de posesión de Alfonso Rueda como presidente da Xunta de Galicia celebrarase o vindeiro sábado, 14 de maio, ás 12h. na sede do Parlamento de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button