ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

Alfredo García: “As obras da circunvalación do Barco van a moi bo ritmo”

O alcalde barquense destaca o avance nos traballos desta conexión e di que se están cumprindo os prazos

 

As obras da conexión da N-536 coa N-120 (no tramo Sobradelo-O Barco), a denominada circunvalación avanzan e xa son moi visibles as actuacións en diferentes puntos do trazado. Así o destacaba esta mañá o alcalde do Barco, Alfredo García.

“Estase traballando a pleno rendemento e a estrada vai moi ben. Están traballando en Millarouso, na rotonda, no Serro… Penso que se están cumprindo os prazos perfectamente”, sinalaba o rexedor barquense, que tamén facía fincapé en que “hai moito movemento de camións” e en que “son numerosas as persoas que están a traballar nestas obras.

 

Alfredo García, ao inicio da rolda de prensa./ Foto: A.R.

 

A construción desta variante duns 5,6 km, cun orzamento duns 50 millóns de euros, requerirá da execución de cinco novos viaductos, entre os que destaca o viaducto sobre o Sil, de 461 m de lonxitude, e un novo túnel de 490 m.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button