PolíticaSen categorizarÚltima hora

Alfredo García comeza a recollida de avais para as primarias á secretaría provincial do PSdeG-PSOE

Alfredo García./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O alcalde do Barco, o socialista Alfredo García, vén de iniciar o proceso de recollida de avais (aberto ata o 8 de xaneiro) para a súa candidatura ás primarias á secretaría provincial do PSdeG na provincia de Ourense, baixo o lema “EuconAlfredo”.

Alfredo García aposta por poñer en marcha “un equipo de traballo sólido, renovador e feminista do que sairá unha executiva de persoas novas e con futuro para implantar un proxecto colectivo de alma municipalista, que mellore as estruturas de Organización do partido”. Tamén defende un “plan de acción rigoroso en consonancia coa organización Federal do PSOE e o novo liderazgo galego e afastado das ocorrencias”.

Neste senso, o comité de campaña de García impulsa “o traballo en equipo e a cooperación entre territorios para construír estruturas nas que cada militante e simpatizante do PSdeG-PSOE de Ourense conte, teña voz e presenza e se sinta respetado e partícipe do proxecto e da organización. E onde as agrupacións, que a día de hoxe levan sen manter ningunha reunión coa actual executiva dende 2019, teñan vida e sexan parte do proxecto”.

Alfredo García márcase tres obxectivos principais para que a “provincia e o socialismo ourensán avancen”. En primeiro lugar, fala dun “intenso labor de organización e mellora da estrutura rearmando ao partido nos seguintes procesos orgánicos locais para dispoñer dos mellores recursos técnicos e humanos e sen personalismo para que a terceira cidade de Galicia compita de forma similar ao resto de provincias galegas como A Coruña, Lugo e Pontevedra”.

Tamén aposta por “unha executiva con afán e desexo de gañar todos os procesos municipais no 2023 poñendo o foco en obter a alcaldía de Ourense, mantendo as vilas actuais e abrindo o partido para traballar cada concello e chegar á Deputación provincial”, xunto por un “acompañamento da acción política dos cargos e cadros socialistas a partir da mellor información técnica dispoñible e cos mellores recursos políticos”.

Artigos relacionados

Back to top button