PolíticaÚltima hora

Alfredo García manifesta en Ourense “a necesidade de fortaleza, unidade e novo proxecto político” do partido socialista na provincia

Celebraba na tarde de onte o encontro central coa militancia da cidade no penúltimo día de campaña para as votacións das primarias que se realizarán o vindeiro domingo

 

No decurso da campaña do proceso de primarias para a secretaría provincial do partido socialista en Ourense, Alfredo García matiña na tarde de onte venres o encontro central coa militancia na capital da provincial. Neste acto puxo de manifesto a “necesidade de fortaleza, unidade e novo proxecto político formado por un equipo de persoas con valía para liderar a alternativa de esquerdas que a cidade de Ourense precisa máis que nunca con xente nova e xente con experiencia; despois de 7 anos de degradación política da cidade e das institucións. Ourense está agardando ao PSOE na cidade”, destacou García, “para que deixen de primar os individualismos e comencemos a importar todos e todas”.

Neste encontro, no que estaba acompañado pola vicevoiceira socialista no Concello de Ourense, Natalia González Beneitez, García lembrou á militancia destacou os erros que se deron por parte da dirección do partido despois das eleccións de xuño de 2019, tralos bos resultados das municipais onde a actual dirección “non falou nin cos representantes e alcaldes da provincia nin se actuou con transparencia coa militancia cometendo as mesmas irresponsabilidades coas que actuaría o PP” e sendo un “fracaso absoluto”.

 

 

Ademais Alfredo García destacou “as falsedades vertidas pola actual dirección, lembrando que os mellores resultados dos socialistas foron os obtidos nas eleccións de 2011 con 20000 votos e nas eleccións autonómicas se pasou a ser terceira forza política”. Así mesmo, preguntouse por qué o actual secretario se “negou a ter un debate entre as dúas candidaturas durante a campaña, cando hai catro anos, non soamente o houbo, senón que foi el quen o pediu”.

García aproveitou para dar as grazas ás militantes e os militantes socialistas pola súa boa acollida da candidatura neste proceso e todo o apoio recibido ao longo da provincia e das comarcas nas últimas semanas e fixo un último chamamento á mobilización para o domingo 23 de xaneiro, onde a militancia decidirá nas urnas á persoa que que ocupará á secretaría provincial do PSdeG-PSOE en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button