ConcellosO BarcoÚltima hora

Alfredo García: “Meteogalicia non ten ningunha estación para medir a calidade do aire en Valdeorras”

O alcalde do Barco tratou de obter información sobre a calidade do aire logo do incendio industrial acontecido esta tarde, pero atopouse con que non hai ningún punto para recoller eses datos na zona

 

Unha enorme columna de fume negro ía cubrindo o ceo barquense na tarde deste luns, como consecuencia do incendio industrial que se producía na vila. Unha das preocupacións da poboación era se o fume podía ser tóxico.

De feito, dende o Concello do Barco como medida preventiva recomendábase aos veciños que se metesen nas súas casas pechando as ventás, para evitar así á exposición ao fume. Ademais o Concello solicitaba información sobre a calidade do aire, pero sen que fose posible obter resposta.

 

O alcalde do Barco, Alfredo García./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

“O 112 púxose en contacto con Meteogalicia para ver se había unha estación que nos dixera a calidade do aire na zona, pero resulta que Meteogalicia non ten ningunha estación de medida de calidade do aire na comarca de Valdeorras, algo que é lamentable. Penso que é absolutamente bochornoso que nos teñan abandonados nestas cousas, que loxicamente non se botan en falta ata que non sucede unha situación como esta”, asegura o alcalde do Barco, Alfredo García.

Ademais o rexedor sinala que xa se puxo en contacto con “algún responsable da Xunta para plantexarlle esta situación e parece ser que se van tomar medidas a partir de mañá”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button