En portadaÚltima hora

Alicia, o primeiro bebé nacido na provincia no 2017

A pequena pesou 3,530 kilogramos e naceu ás 23:05 horas. O segundo nacemento foi o de Zoe, ás 00:50 horas de hoxe, e pesou 2,890 kilogramos
Zoe, no colo do seu pai Francisco Pérez, a súa nai Paula Currás e o equipo de matronas que a axudaron a nacer.

O primeiro nacemento do ano fíxose esperar na provincia. Foi onte ás 23:05 horas cando a pequena Alicia miraba por primeira vez a luz no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Segundo comentou a súa nai, Lucía Castro de 33 anos e natural de Vigo, o ingreso produciuse o día un, pero a pequena non decidiu saír até onte. Tanto ela como o seu pai, Iván Constenla (natural de Vilagarcía), resinden en Ourense e aseguran que están “moi contentos” por ter á súa pequena no colo. Lucía Castro dixo que esa ledicia que senten “non é porque fose o primeiro bebé do ano, eu estaría igual de leda se fose o quinto ou o sexto”. Alicia pesou 3,530 kg.

Por outra banda, o segundo nacemento tamén foi unha nena. O alumbramento tivo lugar hoxe ás 00:50 horas da madrugada. A pequena Zoe, así é como se chama, pesou 2,89o gramos. A súa nai, Paula Currás Cid de 33 anos, é orixinaria de Allariz e o pai, Francisco Garrido Pérez de 35 anos, é orixinario de Xunqueira. A nai de Zoe ingresou onte ás 16:00 horas no CHUO e a pequena fíxose esperar até a madrugada. O pai, Francisco Pérez, dixo que se sentía “moi alegre por ter por fin á nena no colo” e asegurou que tanto ela como a nai están ben, “cansadas, pero ben”.

 

Nacementos no CHUO

Táboa de nacementos no CHUO na última década- Fonte: CHUO

No ano que deixamos atrás, no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense naceron 1.488 bebés. De ese total, o 53,10% foron nenos e o 46,9% mulleres, porcentaxes que practicamente repetíronse ao longo da década. Isto quere dicir que en Ourense naceron máis nenos que nenas nos últimos dez anos, aínda que non é unha porcentaxe moi desigual.

O ano 2016 rexistrou tamén a cifra de nacementos máis baixa da década. Segundo os datos aportados polo CHUO, o ano 2008 foi no que máis cativos naceron, concretamente 1.824. Dende aí, a cifra foi sempre en descenso.

En canto ao desglose por meses do ano, agosto de 2016 foi no que máis nacementos se rexistraron (135) e abril no que menos (108). Por outra banda, a provincia rexistrou unha media de máis de 4 nacementos ao día entre os anos 2007 e 2016.

No campo dos partos múltiples, como dato curios hai que salientar que no ano 2008 se rexistraron 38 nacementos de xemelgos e un de trillizos. En canto ao 2016, a cifra de partos múltiples rexistrou un forte descenso por debaixo da media destes dez anos.

Artigos relacionados

Back to top button