OurenseÚltima hora

Allariz acolle a última actuación de baile e música tradicionais do ciclo “Danza 3”

Terá lugar o vindeiro domingo ás 12:00 horas na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas

Cartel da actividade.

 

A parroquia de Santa Mariña de Augas Santas acolle este domingo, 25 de agosto, a última actuación do ciclo da Xunta “Danza 3”, de baile e música tradicionais. Esta actuación correrá a cargo do Grupo de Gaitas da agrupación O Fiadeiro, ás 12:00 horas e dentro do marco do X Encontro de Cesteiros.

Complétase así o calendario de 12 citas (nove centradas na danza e outras tres na música), organizadas polo XOC e a Xunta, a través das que se exhibiu a pé de rúa unha mostra do amplo repertorio do folclore galego, buscando ademais implicar os viandantes en cada un dos espectáculos.

Artigos relacionados

Back to top button