ConcellosÚltima hora

Allariz acolle o VII Encontro de Cesteiros os días 27 e 28

Obradoiros, exposicións, música, un paseo arqueolóxico e un xantar compoñen a programación que se desenvolverá en Santa María de Augas Santas
Cartel da iniciativa.
Cartel da iniciativa.

O Concello de Allariz será escenario da sétima edición do Encontro de Cesteiros que se celebrará os días 27 e 28 de agosto. Concretamente o lugar elixido para as actividades será o entorno de Santa Mariña de Augas Santas.

Así, segundo o programa, na xornada do sábado haberá un paseo arqueolóxico ás 18:30 horas dende a Escola de Cestería de Santa Mariña de Augas Santas até o Castro de Armea. En total o percorrido será de dous kilómetros.

Xa na xornada grande do domingo, o ambiente festivo comezará arredor das 11 horas, con obradoiros, exposicións e venda na contorna da Escola de Cestería. O horario será até as 14 horas e, pola tarde, de 17 a 20 horas.

De xeito simultáneo tamén se levarán a cabo outras actividades. Así, de 11.30 a 13.30 horas, haberá un obradoiro infantil de cestería para nenos a partires de sete anos de idade. E ás 11:45 h, a Banda Unión Musical de Allariz ofrecerán un concerto no adro da igrexa de Santa Mariña de Augas Santas.

A festa rematará ás 14 horas cun xantar. Para participar nel, os interesados deben recoller un bono na Casa da Cultura de Allariz ou na Asociación de Veciños de Santa Mariña de Augas santas, antes do día 25. Ten un custe de 15 euros.

Artigos relacionados

Back to top button