EconomíaEconomíaÚltima hora

Allariz acollerá un mercado de comercio local os días 29 e 30 de agosto

A iniciativa leva por nome "Máis que un mercado" e terá lugar no paseo da Alameda

Imaxe da presentación de “Máis que un mercado”. / Foto: cedida.

 

A vila ourensá de Allariz acollerá, a finais de mes, un mercado ao aire libre conformado por negocios locais. O evento “Máis que un mercado” terá lugar os días 29 e 30 de agosto no paseo da Alameda e cun horario ininterrompido de 10:00h a 21:00h. A entrada será gratuíta.

No mercado participarán arredor de 15 comercios alaricanos con diferentes ofertas e descontos en moda, complementos, calzado, deportes, beleza e outros productos. O proxecto está organizado polos propios comerciantes e o Concello de Allariz. A celebración de “Máis que un mercado” contará con todas as medidas e protocolos hixiénico-sanitarios derivados da crise do coronavirus.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button