OurenseÚltima hora

Allariz busca solucións para os centros educativos durante o estado de alarma

O Concello de Allariz, en colaboración co Instituto, busca ordenadores portátiles para o alumnado do centro

Un dos centros de ensino de Allariz

 

Agora máis que nunca os concellos tratan de buscar solucións ante os problemas que van xurdindo a raíz da crise do coronavirus e do confinamento, neste caso vencellados ao ámbito educativo.

Co obxectivo de facilitar o labor escolar dende a casa, o Concello de Allariz cederá temporalmente ordenadores portátiles ao Instituto da vila. Ademais, dende o mesmo faise un chamamento a cidadanía “por se algún veciño ou veciña contara con dispositivo na súa casa que non utilice, e o quere doar, se poña en contacto co Concello para poder xestionar a doazón do mesmo”. As canles para comunicarse serán a través da páxina de Facebook do Concello de Allariz ou no correo electrónico comunicacion@allariz.com.

Dende o Concello tamén están a traballar en colaboración co CEIP Padre Feijóo de Allariz cun servizo de fotocopias para o alumnado de 3º  a 6º de primaria, que de forma xustificada o solicitan. “Poderase pedir a impresión do material escolar no correo electrónico participa@allariz.com indicando o nome do alumno ou alumna e o seu enderezo”, din dende o ente local, explicando que se establece o mércores de cada semana como data límite para enviar as tarefas, e “distribuirase o luns seguinte a recepción, o material nas casas das persoas solicitantes a través de Emerxencias Allariz”.

Artigos relacionados

Back to top button