OurenseÚltima hora

Allariz celebra a II Feira dos Produtos Apícolas

Terá lugar o vindeiro domingo día 15 de setembro

Durante a presentación.

 

Allariz celebrará o vindeiro 15 de setembro a súa II Feira dos Produtos Apícolas en Allariz. Terá máis de 25 postos de apicultores de Galicia e Portugal e os visitantes poderán desgustar as distintas variedades de meles e outros produtos apícolas.

Ademais, nesta xornada terá lugar a presentación do proxecto “Apiturismo Xacobeo 2021”, realizado pola Asociación Galega de Apicultura dentro do programa O Teu Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia. Trátase dunha exposición fotográfica “que amosará a beleza das paisaxes galegas e a milenaria tradición apícola, cunha arquitectura única no mundo”.

 

Cartel da actividade.

 

Así, haberá unha exposición sobre flora melífera acompañada dunha charla para aprender sobre cales cales son as mellores plantas para as abellas e as súas propiedades. Durante toda a xornada haberá un amplo programa de actividades para todos os públicos. Haberá demostracións en directo da esmelga, a extracción de mel dos panais, e a elaboración tradicional de candeas.

Os máis pequenos poderán aprender todo sobre as abellas xogando nun espazo infantil con diferentes actividades. Ofrecerase tamén unha degustación de meles combinados con outros produtos da gastronomía galega e un obradoiro de cociña con mel, para aprender a elaborar receitas saudables. Así, haberá tamén un concurso para escoller o mellor expositor da feira e sorteos de varias cestas de produtos entre o público visitante.

 

Artigos relacionados

Back to top button