ConcellosSen categorizarÚltima hora

Allariz regalará libros a todos os visitantes aos museos o vindeiro día 23

Festexa así o Día do Libro e organiza un obradoiro de marionetas para nenos
Cartaz do obradoiro infantil, unha das actividades que Allariz pon en marcha para o Día do Libro.
Cartaz do obradoiro infantil, unha das actividades que Allariz pon en marcha para o Día do Libro.

O Concello de Allariz prepara para o vindeiro día 23 unha peculiar celebración. Todos os visitantes que decidan acercarse ata os museos do municipio nesa data recibirán un agasallo pola compra dunha entrada ou un bono. A vila quere así festexar o Día do Libro: regalando libros.

Ademais, no Museo da Moda levarase a cabo un obradoiro infantil de creación de marionetas con calcetíns. Será a partir das 11.30 horas e está dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos de idade. O custe do obradoiro é de un euro con tarxeta de cidadanía. En caso contrario, o prezo será de dous euros. Para participar nesta actividade é necesario a inscrición previa. Para facelo, os interesados deberan achegarse á Casa da Cultura antes do día 21.

Artigos relacionados

Back to top button