ConcellosÚltima hora

Allariz elimina as barreiras arquitectónicas da zona da Alamede e mellorará o acceso ao cámping

As obras de acceso ao cámping de Allariz custarán 19.000 euros.

O Concello de Allariz está a acometer obras no entorno do Paseo da Alameda co obxectivo de mellorar a accesibilidade e a seguridade no paso pola zona.

A brigada municipal, dentro da política de eliminación de barreiras arquitectónicas, está a acometer as obras referidas á creación de rampas na pasarela que dá acceso ao parque infantil e ás instalacións deportivas para favorecer o paso á persoas de mobilidade reducida, así como a carriños de bebés; e  a creación de pasos elevados para reducir á velocidade do tránsito rodado, informan dende o Concello.

Por outra banda, a velocidade na zona será limitada á 30 quilómetros por hora “para unha seguridade viaria maior ao estar localizado nunha zona residencial e de uso intenso no verán”, informaron fontes consistoriais.

A intervención, que conta cun orzamento de 20.000€, será realizada antes da campaña de verán.

Ao mesmo tempo, o Concello tamén vai proceder a realizar obras, “con carácter de urxencia”,  no camiño que une a estrada de Celanova co Cámping Hípica Allariz. “A mellora pretende facilitar o acceso ás instalacións do cámping así como as urbanizacións colindante”, apuntan dende o Concello.

A obra que ascende a 19.000€ comprenderá á colocación de aglomerado en quente para garantir o futuro da estrada e facilitar o tránsito pola mesma.

 

Artigos relacionados

Back to top button