ConcellosÚltima hora

Allariz engalánase para a Festa do Boi 2016

Os festexos inícianse co Trato do Boi, a Entrega do Sedeño e a Proba dos Bois
Unha imaxe das carreiras de boi nunha edición anterior.
Unha imaxe das carreiras de boi nunha edición anterior.

Allariz xa está inmerso na celebración da Festa do Boi 2016. Os festexos comezan a encher as rúas dende esta mañá de sábado, 21 de maio, e a programación promete estar á altura das expectativas. Neste contexto, a primeira xornada estará protagonizada polo Trato do Boi, a Entrega do Sedeño e a Proba dos Bois. Ademais, a Asociación Cultural Xan de Arzúa, organizadora do evento, elixiu a Xabier Saco como Corrixidor de Honra nesta edición.

O que foi director do colexio público Padre Feijóo de Allariz durante case dúas décadas ve recoñecido o seu labor nunha das festas máis importantes do panorama galego. Dende o colectivo organizador apostaron por el “en recoñecemento á súa contribución persoal a esta celebración e, fundamentalmente, no seu cometido como director do colexio”.

En canto á programación propiamente festiva, tras o xantar campestre en San Salvador amenizado con música tradicional, ás 16h farase a camiñata cos bois ata Paicordeiro, na compaña dos gaiteiros De Rúa Ruar. Posteriormente, ás 17h, levarase a cabo a recreación do Trato do Boi no mesmo lugar, con posterior baixada cos animais até o campo da Barreira.

Ás 19h, fará acto de presenza Xabier Saco co tradicional saúdo en calidade de Corrixidor de Honra deste ano. A continuación, farase entrega do Sedeño, coa actuación da Charanga BB+ no campo da Barreira. Xa ás 20h, celebrarase a proba dos pois dende as cortes. Ao remate, a charanga realizará un pasarrúas. Por último, á medianoite a música de charangas volverá ás úas, coa BB+ e a Batucada Axóuxere.

Para mañá, domingo 22, a programación é a que segue:

  • 11h. Apertura do mercado medieval na Rúa Pepe Puga.
  • 11:30h. Pasarrúas con Treixadura.
  • 12h: Procesión medieval do Xan de Arzúa. Teatralización da orixe da Festa do Boi, dende O Eiró.
  • 14h. Carreira medieval do Boi.
  • 14:30h. Xantar medieval no campo da Barreira.
  • 16:30h. COncurso de trobadores e de sobremesas. Actuación dos gremios no campo da Barreira.
  • 19:30h. Pasarrúas coa Batucada Axóuxere.
  • 20:30h. Carreira do Boi.

Artigos relacionados

Back to top button