ConcellosÚltima hora

Allariz fai balance positivo da implantación do Servizo RE

En cinco meses instaláronse equipos de compostaxe comunitaria na zona urbana e composteiros individuais no rural, impartíronse charlas informativas e construíuse unha planta de tratamento
Allariz cumpre cinco meses co Servizo RE en marcha con sensacións de optimismo.
Allariz cumpre cinco meses co Servizo RE en marcha con sensacións de optimismo.

Allariz fai balance positivo da implantación do Servizo RE para reducir lixo a través da compostaxe. Así, cinco meses despois, o municipio conta con equipos de compostaxe comunitaria e de recollida de restos de xardín, mentres que nas zonas rurais repartíronse composteiros individuais. Durante este tempo tamén se levou a cabo a construcción dunha planta específica de tratamento para a materia orgánica xerada por grandes produtores.

Ao mesmo tempo, a implantación deste serivzo veu acompañada dunha campaña informativa e formativa para os veciños e cidadáns, centradas tamén nos máis cativos con conversas nos centros educativos. “Os resultados até o momento convidan ao optimismo”, subliñan dende o Concello, apuntando a que o nivel de aceoptación entre os veciños “é alto”.

Esta iniciativa é unha máis das que pon en marcha o Concello de Allariz, que participa dende 1998 na experiencia piloto de recollida selectiva de Residuos Sólidos Urbanos (RSU). O Servizo RE é unha medida máis para minimizar o impacto da xeración dos residuos.

Artigos relacionados

Back to top button