EconomíaEconomíaÚltima hora

Allariz fomenta o comercio local este Nadal a través do “Peto dos Desexos”

A Asociación de Comerciantes e Hostaleiros sortearán tres premios de 200 euros aos que opten polo comercio local para as súas compras de Nadal 
Cartel promocional da iniciativa O Peto dos Desexos.

A Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz, coa colaboración do Concello, organiza a campaña de Nadal para propiciar as compras nesta época do ano no comercio local. Esta iniciativa, denominada “O Peto dos Desexos” sorteará tres premios de 200 euros entre os clientes do comercio asociado que deberá xuntar tickets de compra ata alcanzar un valor de 30 euros e xunto coa tarxeta dos desexos (dispoñible en cada un dos locais participantes) depositalos no Peto dos desexos (no alto do Portelo). O sorteo farase publicamente o día 8 de xaneiro ás 11:30 horas diante do “Peto dos Desexos”.

Artigos relacionados

Back to top button