ConcellosÚltima hora

Allariz incentiva a reciclaxe con 24 illas de compostaxe e 130 composteiros

Recollerá cada un a materia orgánica de aproximadamente 15 familias
Allariz activa un programa de reciclase e separación de materia orgánica.
Allariz activa un programa de reciclaxe e separación de materia orgánica.

O Concello de Allariz activa o programa de reciclaxe e separación de lixo e materia orgánica RE, poñendo en marcha 24 illas de compostaxe na zona urbana e máis e 130 composteiros comunitarios. O obxectivo é que cada un destes contedores recolla a materia orgánica de aproximadamente 15 familias. Son os datos que manexa a administración local presentados o pasado venres xunto coa asociación Adega. Este paso vén a dar continuidade á fase inicial do proxecto, que se basou na información e concienciación dos veciños e veciñas da vila.

Por outra banda, segundo indican dende o concello alaricano, o circuíto complétase coa posta en marcha da máquina de tratamento de materia orgánica, ubicada no parque empresarial de Chorente, á que irá destinada a recollida porta a porta de materia orgánica de grandes productores. Ademais, en previsión de futuro, avánzase que se complementará este cambio de hábitos coa conxelación da taxa do lixo durante cinco anos.

O proxecto conta con inversión externa do plan provincial 2015, cas axudas a parques empresariais para a dotación de maquinaria da Consellería de Industria e a través do Ministerio de Medio Ambiente co programa PIMA que se desnvolverá ao longo de 2016.

Artigos relacionados

Back to top button