CulturaCulturaÚltima hora

Allariz ofrecerá un “petisco musical” de cine co cuarteto de corda “Do Sol”

O concerto será este sábado, 2 de setembro, ás 21:00 horas na Fundación Vicente Risco

Este sábado, 2 de setembro ás 21:00 horas, terá lugar o terceiro concerto do II Ciclo “Petiscos Musicais” de Allariz a cargo do Cuarteto do Sol.

Na fundación Vicente Risco, este grupo, integrado por Tatiana Santiago (violín), Mateo González (violín), Danae Vázquez Matos (viola) e Amaia Garrido (violoncello), ofrecerán unha primeira parte na que farán un percorrido polas bandas sonoras máis salientables do cine e as series como Gladiator, Parque xurásico, Braveheart, Xogo de tronos, O señor dos aneis ou Armaggedon. Pero isto non remata aquí, xa que na segunda parte interpretarán cancións de bandas míticas domo Coldplay, U2, Guns and Roses, The Verve ou Deep Purple.

Tras o concerto, os asistentes poderán gozar dunha degustación de viño cos músicos.

O prezo do abono dos concertos é de 40 euros. Para os concertos soltos a doazón mínima é de 15 euros. Para os mecenas, amigos da libraría Aria das Letras, socios circular e os que teñan o carné cidadán, a doazón é de 12 euros. O aforo está limitado a 35 prazas e darase preferencia aos abonados.

Cartel do concerto.

Artigos relacionados

Back to top button