AllarizConcellosÚltima hora

Allariz organiza visitas guiadas no seu casco histórico

Serán todos os sábados do vindeiro mes de agosto, ás 11:30h

Vista da oficina de turismo de Allariz. / Foto: cedida.

 

A concellería de Promoción Económica, Comercio e Turismo de Allariz pon en marcha unha serie de visitas guiadas polo casco histórico da localidade ourensá. Esta actividade comeza o vindeiro 1 de agosto e continuará durante o resto de sábados do mes.

As visitas comezarán na oficina de turismo, ás 11:30h, e terán unha duración aproximada de unha hora e media. Aqueles que desexen acudir percorrerán a beira do río Arnoia e coñecerán todo tipo elementos culturais, monumentais e paisaxísticos da vila alaricana. O Arnado, a Praza Maior, A Paneira, a Igrexa de Santiago, a rúa da Cruz e o antigo Xulgado serán paradas indispensables nesta guía.

A tarifa xeral será de 6€; reducida a 3€ para estudantes, parados e xubilados e gratuíta para menores de 10 anos inclusive. Todos os interesados poden apuntarse na oficina de turismo, no teléfono 988442998 ou vía correo electrónico en informacion@allariz.com. As visitas desenvolveranse en grupos máximos de 20 persoas e cumprindo con todos os protocolos sanitarios. O uso de mascarilla será obrigatorio e a organización facilitará hidroxel antes e durante o servizo.

 

Cartel promocional da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button