OurenseÚltima hora

Allariz presenta a súa programación cultural para o verán

As actividade comezarán o vindeiro 11 de xullo e rematarán na semana do 19 de setembro

O Concello de Allariz presentou na mañá de hoxe, 6 de xullo, “Cultura no Verán 2020”, programación cultural para esta tempada. Unha trintena de actividades culturais programadas, con limitación de aforo, en espazos acoutados, en rúas, co público sentado pero sobre todo actividades ao aire libre con formatos que eviten as aglomeracións.

 

Durante a presentación.

 

O comezo de todas estas actividades será o 11 de xullo, día de San Bieito, e o remate, a fin de semana do 19 e 20 de setembro. A “Cultura no verán” estará repartida por moitos dos espazos ao aire libre que conta Allariz, “garantindo sempre o cumprimento das medidas de seguridade e evitando as aglomeracións, para que todas as persoas que se acheguen a gozar de calquera das actividades, o fagan con todas as garantías posibles”.

 

Programa.

 

A música, o teatro, exposicións, as festas gastronómicas, a astronomía, a arqueoloxía, artesanía, actividades deportivas e o festival de curtas, entre outras, serán as actividades que ofertará o Concello para a tempada estival.

 

Artigos relacionados

Back to top button