OurenseÚltima hora

Allariz recibe unha doazón de tres desfibriladores

A cidade deportiva do Seixo e a Asociación de Protección Civil de Allariz serán dúas das beneficiarias deste novo equipamento para atender emerxencias. O doante deste material era “PSA Peugeot Retail Orense”

 

Tres desfibriladores para mellorar a capacidade de resposta en situación de emerxencia acaban de serlle entregados ao Concello de Allariz. A entrega tivo lugar esta mañá de 21 de marzo, na sede de PSA Peugeot Retail Orense, donante do material. Estes desfibriladores eran recollidos polo tenente de alcalde alaricano, Bernardo Varela e polo coordinador de Protección Civil de Allariz, Miguel Ángel López.

A cidade deportiva do Seixo e a Asociación de Protección Civil de Allariz serán dúas das beneficiarias deste novo equipamento para atender emerxencias. “O terceiro equipo desfibrilador aínda está por decidir a súa localización”, explicaba o coordinador. Os equipos estarán repartidos no campo de fútbol e Protección Civil levará un deles no seu equipamento diario.

Isto fará que Protección Civil mellore na súa atención en eventos grazas e festas, entre outras intervención, ás que a partir de agora acudirá con este sistema que lle permitirá actuar en caso de que algunha persoa asistente sufra algún percance.

Artigos relacionados

Back to top button