EconomíaEconomíaÚltima hora

Almorzo empresarial sobre retos e oportunidades da industria 4.0, no Barco

Celebrarase o vindeiro 30 de novembro ás 9:15h. no salón de actos da Casa Grande de Viloira

Dixitalización, adaptación, modelos de negocio ou oferta de produtos. Son cuestións que se porán sobre a mesa no encontro empresarial/almorzo titulado “Retos e oportunidades da industria 4.0 para Galicia: que fixemos ata agora, que nos falta, que nos ofrece”, que se celebrará o vindeiro xoves 30 de novembro no salón de actos da Casa Grande de Viloira (O Barco).

O encontro abrirase coa ponencia “Estratexia Industria 4.0 de Galicia 2017-2020” a cargo do director da área de competitividade do Igape, Norberto Penedo. Seguidamente terá lugar unha mesa redonda coas intervencións de Javier Martinicorena, Plant Manager de Autoneum Spain SAU (A Rúa); Víctor Cobo, presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, Lucía Míguez (CEO de Rysia 3D) e Miguel Ángel Areán (CEO de Polygon-e).

En torno ás once da mañá darase paso ás conclusións e comezará un coloquio. Finalmente, haberá un café e networking entre os participantes e convidados.

Esta actividade, na que participa a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), vai dirixida a empresarios e directivos das Pemes galegas, representantes de asociacións empresariais, clústers ou da universidade, así como a centros tecnolóxicos e organismos de investigación.

Artigos relacionados

Back to top button