DeportesEn portadaEnduroGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Alta participación e dureza no II Xtrem A Rúa, co prólogo no centro da vila e a carreira por San Xulián

Uns 120 endureiros, entre eles o valdeorrés Diego Teixeira, participan nesta dura proba de moto de campo

 

Tres anos despois da última edición, xa había ganas de enduro en Valdeorras. E así, cun gran ambiente moteiro amanecía hoxe A Rúa. Especialmente a rúa Campogrande onde se desenvolvía o prólogo da II Xtrem ou Hard Enduro A Rúa, da Liga Galega da Moto de Campo.

Dende as oito da mañá, hora en que comezaban as verificacións administrativas e técnicas, en torno aos 120 endureiros de diferentes partes de España e Portugal, se concentraban no parque pechado (preto da gasoliñeira Petrol) á espera de que dera comezo a crono test pola que foron pasando un a un os pilotos, dende a categoría máis profesional, a Pro, ata a de Veteranos, pasando pola Expert, a Hobby e Parellas.

 

O piloto barquense Diego Teixeira, na crono previa á carreira.

 

Entre os participantes na categoría Pro está o campión de España, Josu Artola e outros pilotos de referencia no enduro extremo como o portugués Diogo Vieira, Carlos Burés, Tiago Oliveira, Oihan Meoqui, Xosé María Ogando, Adrián Vega, Aritz Murua e o piloto local Diego Teixeira.

Tralo prólogo, a carreira comezaba ás 12 horas polos montes de San Xulián e tal como indica o propio nome, “extremo”, o circuíto preparado pola organización (Rúa Motor-Liga Galega da Moto de Campo) promete dureza. “Os pilotos da categoría Pro temos que dar tres voltas ao circuíto nun máximo de seis horas polo que será moi duro”, aseguraba Diego Teixeira trala crono e antes de repostar para coller rumbo a San Xulián.

 

 

Ademais dos membros da organización, son moitos os colaboradores que están traballando na proba, entre eles varias agrupacións de Protección Civil. A animación musical da xornada corre por conta de Disco Móbil Danzalia.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button