En portadaÚltima hora

Alta participación e moito espectáculo no Legume Jam de Valdeorras

A I edición do Torneo BMX, Skate & Scooter reuníu no Skatepark do Barco a numerosos afeccionados

Máis aló de modalidades deportivas como o fútbol, o atletismo ou o baloncesto, os deportes extremos como o skateboard teñen en Valdeorras os seus seguidores. Boa mostra diso son os usuarios do Skatepark Municipal do Barco no que moitos rapaces pasan horas practicando.

Da man deses usuarios, especialmente de Christian Pombo e Iván Tato, nacía o Legume Jam o I Torneo de BMX, Skate e Scooter que se celebraba na tarde do venres 15 de setembro, en plenas Festas do Cristo do Barco. Unha cita á que acudían numerosos afeccionados. Uns instalados ao redor do recinto, como espectadores. Outros na pista, poñendo a proba as súas habilidades sobre o scooter, o skate ou a bicicleta. Os lugares de orixe, do máis variado: dende O Barco ou A Rúa, ata A Coruña, Caldas de Reis, Ponferrada, Madrid, Cantabria, Málaga e mesmo Londres. As idades, tamén moi variadas: do máis pequeno de apenas 8 anos ata o maior con 26.

Co propio Christian Pombo como espiker, despois de formalizar as inscricións e tralas pobras de quecemento, comezaba a competición na modalida de scooter. Con 14 participantes divididos en grupos, os rapaces deron boa mostra das súas habilidades. Uns meros afeccionados, outros semiprofesionais. E o público aplaudindo cada pirueta e cada salto.

De seguido tocáballe o turno á modalidade de skate, na que participaban 9 deportistas, algúns deles verdadeiros profesionais. Os últimos e os máis espectaculares foron os 7 participantes na modalidade de BMX (Bicycle Motocross).

Máis información e fotos no seguinte enlace:

https://osil.info/especiales/alta-participacion-e-moito-espectaculo-no-legume-jam-de-valdeorras

Artigos relacionados

Back to top button