DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Alta participación na Andaina + BTT de Trives

Preto de 180 inscritos tomaban a saída na proba deportiva

Sen incidentes, cunha alta participación e a satisfación de organizadores e deportistas. Así se desenvolvía a Andaina de Trives que este ano incluía a modalidade de carreira en bicicleta de montaña.

Preto de 180 participantes, uns 70 en bicicleta, tomaban a saída na praza do Reloxo de Trives na mañá do domingo 5 de outubro. Xente da zona, pero tamén doutros pobos veciños como A Rúa, O Barco, de todo Ourense e incluso de Santiago, responderon á chamada da concellería de Deportes e Mocidade do Concello. Dende a organización, Tino Sierra destaca a participación dos camiñantes e ciclistas entre os que había tamén nenos. De feito de cara á vindeira edición, na que tentarán seguir mellorando, pode que se planteen a posibilidade de incluír unha proba infantil.

Malia a néboa matutina, os participantes nesta edición da cita deportiva (a terceira para a Andaina e a primeira para a BTT) “quedaron contentos co fantástico percorrido” asegura Sierra. Un percorrido que levaría aos camiñantes por lugares como A Somoza, Acevoso e Sobrado ata completar os 18 quilómetros. No caso dos ciclistas, a ruta de 40 quilómetros pasaba por Castro, A Somoza, Anagaza, Penapetada, Serra da Escrita, Acevoso, Sobrado, Mendoia e San Fiz. Ao rematar, celebrábase un xantar en Santa Leonor.

Fotos: Ricardo Vieites.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button