Galerías de fotosÚltima hora

Alta participación na Volta Ecolóxica da Rúa

Máis de 120 persoas na ruta, enmarcada no programa das festas de San Roque

As condicións para participar na Volta Ecolóxica, unha das actividades máis características e vistosas das festas da Rúa Rúa Vella na honra a San Roque, é levar bici e algún elemento decorativo, pero este ano a xente tomouno moi en serio e ademais da alta participación, sendo unha das edicións máis numerosas, a vistosidade e elaboración dos disfraces foi espectacular.

Máis de 120 persoas, de idade moi variada, concentrábanse na praza César Conti da Rúa, na tarde do sábado 23 de agosto, para percorrer en bicicleta parte da vila rematando no Campo de San Roque.

Á parte dos participantes individuais, na Volta puderon verse ata 12 comparsas diferentes, algunhas con 24 membros: Tinajas, Pinguinos de verán, OS pallasos do lixo, Escola Pirata, Charanda San Roque…

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button