En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Alta participación na XL San Martiño pese á intensa choiva

Uns 11.000 atletas (entre adultos, escolares e cativos) inscribíanse na corenta edición da Carreira Popular do San Martiño de Ourense, marcada nesta ocasión por unha intensa chuvia. A pesar do tempo os participantes, entre os que había unha notable presenza valdeorresa con clubs como o Adas, non se desanimaban.

Esta cita deportiva principaba ás 11h. da mañá dende a ponte do Milenio para os maiores. O percorrido era de 10 km ata a meta, no pavillón dos Remedios. Ás 12:30h. saían os escolares na proba de 4,7 km e ás 13:30h. os cativos cun traxecto de 1,4 km.

Máis información e fotos nos seguintes enlaces:

https://osil.info/atletas-club-adas-proinor-no-podio-da-san-martino-2016/

https://osil.info/xl-san-martino-de-ourense-en-imaxes/

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button