En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Alta participación no II campus de verán da Rúa

A primeira semana do campamento de fútbol arrancou hoxe no Aguillón

“Aquí podemos facer as cousas ben e máis económicas”, di o concelleiro de Deportes da Rúa, Avelino Fernández e a alta participación no II campus de verán de fútbol que arrancou esta mañá así o demostra.

Superando os 50 do ano pasado, un total de 83 nenos de entre 4 e 15 anos están inscritos nesta segunda edición do campamento organizado polo C.D. Rúa en colaboración co Concello que se desenvolverá en dúas quendas, dende hoxe ata o día 7 e do 9 ao 14 de xullo.

A inauguración tiña lugar no campo de herba artificial O Novo Aguillón contando cos cativos de Valdeorras, Terras de Trives e mesmo Viana, o propio concelleiro de Deportes e os oito monitores que se encargarán dos nenos cada día. Dos máis pequenos, de 4 e 5 anos, encargaranse Luis e Bea; dos de 6 e 7 anos, Yelco e Álex; dos de 8 e 9 Durán; dos de 10 e 11 Anxo e Lora; e dos de 12 e adiante Carol.

Este ano o horario será de maná, de 10 a 14h. Catro horas divididas en catro partes: a primera para a parte técnica e teórica con actividades máis individualizadas, a segunda para almmorzar, a terceira para xogos colectivos e a cuarta para a piscina, sempre que o tempo o permita.

Ademais, ao longo da semana contarán coa presenza de profesionais do fútbol que compartirán a mañá cos nenos. Hoxe estivo no campo Pablo Martínez “Solari” quen comezou a xogar na base do Rúa e agora é preparador físico (estivo no Deportivo B xuvenil, nas Pontes e no Noia).

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button