EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Alta participación no segundao “Pincha e Cata” da Ruta do Viño de Valdeorras

Esta actividade, dirixida pola sumiller Mercedes González, tiña lugar no Barco

Cunha moi boa resposta por parte do público celebrábase na tarde do 5 de setembro a segunda edición de “Pincha e cata” no Barco. “A  alta demanda fixo que as prazas se cubrisen rapidamente e que incluso houbera xente que xa non puidera participar”, segundo indican dende a Ruta do Viño de Valdeorras, organizadora da actividade.

A cata estivo dirixida pola sumiller Mercedes González, que explicou cada un dos viños relacionándoos co lugar con se ubica a adega que os elabora. En total catáronse seis viños de Córgomo (Vilamatín), Petín e A Rúa maridados con diversos petiscos. Esta actividade tiña lugar na Maltería.

Fotos: Ruta do Viño de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button