DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Alta participación no Torneo 3×3 Roscón de Reis de Voleibol, no Barco

Na competición celebrada no pavillón vello participaron xogadores de catro categorías

Atletismo, baloncesto, fútbol, futbol sala e voleibol. Son os deportes que conforman o calendario da programación navideña 2017/2018 no Barco de Valdeorras. En decembro celebrábase a XI Carreira Popular Solidaria do Turrón, a I Xuntanza de Minibásket e o Torneo de Nadal de Fútbol 7, e xa a comezos de xaneiro tocáballe o turno ao voleibol.

Organizado pola sección do Barco do Club Volei San Martiño, o pavillón vello acollía dúas xornadas do Torneo 3×3 Roscón de Reis Volei para catro categorías, que reuníu a numerosos cativos de Valdeorras e doutros lugares pero vinculadas coa comarca. “Están xogando Carolina de Quiroga que estivo concentrada coa selección española de voleibol e Marta que tamén é de Quiroga, pero ambas xogaron cos equipos da Rúa”, explica o adestrador, Toño García.

O martes foi o turno da categoría masculina cun partido 6×6 Barco-Rúa que gañaron os rueses 3-2. E o mércores, pola mañá celebrouse o mini volei para os pequeniños con 26 cativos en equipos mixtos; e pola tarde os partidos das categorías femininas: principiantes ou iniciación (dous anos ou menos xogando ao volei) no que xogaron oito equipos de catro xogadoras cada un; e nivel experta (cadetes, xuvenís, alevíns), con máis de dous anos xogando, con outros oito equipos de catro xogadoras cada un.

 

Artigos relacionados

Back to top button