DeportesGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

Alta participación no I Tres Lunas Race de Quereño

Uns 200 participantes tomaban a saída nas modalidades trail e BTT na mañá do 6 de agosto

A Serra da Enciña da Lastra acolle a I edición do Tres Lunas Race, un desafío deportivo para dúas modalidades: atletismo (trail maratón) e ciclismo (BTT).

O programa abríase en Quereño (Rubiá) na tarde do venres 5 de agosto cunha cea de benvida e a etapa crono nocturna de BTT duns 11 quilómetros dende a Estación, na que participaron unhas 90 persoas.

E xa o sábado 6 de agosto ás oito e media da mañá comezaba a etapa de BTT de 64 quilómetros, pasando por lugares como Pardollán, Vilardesilva ou Biobra. Media hora máis tarde comezaba dende a Estación de Quereño o Trail Maratón cun percorrido de 26 quilómetros e un desnivel acumulado de 2.600 metros. Entre as dúas modalidades, participaron uns 200 deportistas.

O evento, organizado polo Club Deportivo Tres Lunas de Quereño concluirá esta noite cunha cerimonia de clausura con cea e entrega de trofeos, entre outras cousas.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button