PolíticaÚltima hora

Alta participación ourensá nas votacións para elixir novo secretario xeral do PSOE

Ademais realizábase a votación para a elección de delegados ao congreso provincial que se celebrara o 19 de xullo en Ourense
Votacións na sede local do PSdeG-PSOE do Barco na mañá do 13 de xullo./ Foto: Carlos G. Hervella
Votacións na sede local do PSdeG-PSOE do Barco na mañá do 13 de xullo./ Foto: Carlos G. Hervella

Do total de 1.416 militantes que integran o censo do PSOE na provincia de Ourense, uns 1.100 exercían o seu dereito ao voto o 13 de xullo nas primarias para elixir ao novo secretario xeral do partido socialista en España. Isto supón o 77%, unha porcentaxe considerada por Raúl Fernández, secretario provincial do partido, como “extraordinaria, amosando o gran interese que suscitou esta consulta histórica na provincia de Ourense”.

Na provincia de Ourense (capital incluida) os resultados das votacións foron, segundo se informa dende a Comisión Executiva Provincial do PSdeG, os seguintes: Eduardo Madina 527 votos, Pedro Sánchez 360 votos e José Antonio Pérez Tapias, 100 votos. No caso concreto da capital, o resultado foi: Pedro Sánchez 167 votos, Eduardo Madina 124 votos e J.A. Perez Tapias 26 votos. O secretario provincial dos socialista resaltaba “a valentía e o esforzo realizados polos tres candidatos durante o proceso electoral” e felicitaba “ao novo secretario xeral, Pedro Sánchez, en nome de toda a Comisión Executiva Provincial”.

Ademais da elección de secretario xeral do PSOE, na provincia desenvolveuse o 13 de xullo a votación para a elección de delegados e delegados ao congreso provincial que está programado para o 19 de xullo en Ourense. “A militancia da capital votou as tres listas que se presentaron para designar aos 15 delegados e delegadas que acudirán ao Congreso Provincial. Dun censo de 492 militantes na agrupación da capital, emitíronse un total de 300 votos válidos, co resultado seguintes: a lista encabezada por Carmen Dacosta obtivo 149 votos : 9 delegados/as; a lista encabezada por Camilo Ocampo: 104 votos : 6 delegados/as; e a lista encabezada por Francisco Rodríguez: 45 votos : non obtén representación 0 delegados/as”, tal e como se indica dende a Comisión Executiva Provincial do PSdeG-PSOE.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button