DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Alto nivel na VI Velada Concello do Barco

O campión de Europa en K1 profesional 62kg, Tito Macías, vence por KO no primeiro asalto do último combate da noite

Oito combates de kick boxing, boxeo e K1 amateur e tamén k1 profesional, eran os que se disputaban na noite do 18 de novembro no pavillón de Calabagueiros, na VI Velada Concello do Barco organizada polo Club Kick Boxing Valdeorras e Mamba K1 Club.

A cita deportiva na que se mediron loitadores de gran nivel, de diferentes partes de Galicia, Castela León e Portugal, contou cunha boa entrada pero non foi o esperado en canto a resultados por parte dos loitadores barquenses “pero hai que seguir traballando”, asegura Juan Pardo dende o club valdeorrés.

Nos combates nos que participaron os púxiles do Barco, en kick boxing (3×2) amateur 68 quilos, José Manuel Tato (Club Kick Boxing Valdeorras) vencía aos puntos a Rui Braga (Sporting Clube de Braga; en 55 quilos Sara Carreiras (Sporting Clube de Braga) vencía a Anabel González (Club Kick Boxing Valdeorras); e en 75 quilos, Javier Moro (Club kick Boxing Valdeorras) perdía por KO no primeiro asalto ante Joao Carvalho (Sporting Clube de Braga). En kick boxing (3×3) amateur “Copa Galicia Lowkick -68 Kg)”, Olmo de Paz “Rocky” (Camm Milladoiro), vencía aos puntos a Javier Carriba (Club Kick boxing Valdeorras). “No ring vimos a un Carriba que malia o empuxe e coraxe, moitas veces fóra de distancia non logrou vencer en casa ao bo loitador santiagués”, explica o adestrador barquense, Juan Pardo.

No último combate da noite, Tito Macías (Mamba K1 Club) vencía por KO no primeiro asalto a Diogo Valente (RS Team D.J.A.) demostrando que por algo é o actual campión de Europa no seu peso (62 quilos).

Máis información na vindeira edición en papel de O Sil Deportivo.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button