CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnado do IES Carlos Casares de Viana, nun pleno xuvenil sobre a violencia de xénero na Deputación

Pleno xuvenil.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, co alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Carlos Casares, de Viana do Bolo, que celebraba un pleno xuvenil no Pazo Provincial sobre a violencia de xénero.

 

Un grupo de 40 alumnos de 3º e 4º da ESO do IES Carlos Casares, de Viana do Bolo, protagonizaban na mañá do 25 de novembro un pleno xuvenil sobre violencia de xénero na Deputación de Ourense. O vicepresidente desta administración provincial, Rosendo Fernández foi o encargado de darlles a benvida ao “Concello dos Concellos” e de explicarlles o funcionamento e as competencias da institución provincial.

A sesión plenaria xuvenil celebrouse no marco da 7ª Semana Escolar da Provincia que nesta ocasión afonda nun dos principais problemas da nosa sociedade, a violencia de xénero, polo que desde a institución provincial se levou a cabo a Semana Escolar da Provincia contra a Violencia de Xénero. Para elo editouse a novela xuvenil Amor amargo como base desta iniciativa e unha Guía do profesorado con pautas para utilizar os contidos do libro, documentación e recursos para realizar actividades ao longo da Semana Escolar, que ten lugar desde do 25 ao 29 novembro.

 

Outro dos momentos do pleno.

 

Nesta sétima edición da Semana Escolar participan 8.354 persoas entre alumnado e profesorado, procedentes dos 63 centros inscritos na actividade. A novela Amor Amargo editada para esta edición é obra de Xosé A. Perozo e as ilustracións son de Victoria Riveiro Currais e Antonio Seijas. A publicación mestura a narración e o cómic facendo dela un experimento literario dinámico e interesante.

Artigos relacionados

Back to top button