OurenseÚltima hora

O alumnado do O Ruxidoiro e do Filomena Dato de Barbadás locen os seus disfraces

Centos de escolares de Barbadás amosaron os seus disfraces neste venres de Entroido. Os primeiros en amosar a súa creatividade foi o alumnado do Colexio O Ruxidoiro. Estaba previsto que fixesen un desfile polas rúas do pobo das Lamas, pero a chuvia fixo que o fixesen no interior do pavillón do centro.

Seguidamente, cara á unha da tarde, foi o alumnado do Filomena Dato o que pechou as rúas da Valenzá para amosar os seus disfraces. A temática elixida foi a dos lumes en Galicia. Lapas de lume e árbores saíron en conxunto por este núcleo urbano.

Fotos: Cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button