SanidadeÚltima hora

Alumnos americanos da rama sanitaria rematan as súas prácticas no CHUO

Son un total de trinta e tres persoas, dentro do “Proxecto Atlantis”, pertencentes a universidades de EE.UU. e Canadá

 

Algúns dos alumnos.

 

No día de hoxe, 8 de agosto, 33 alumnos procedentes de Estados Unidos e Canadá remataron as súas prácticas de verán no Hospital Universitario de Ourense (CHUO). Están dentro do “Programa Atlantis”, e durante a súa estancia estiveron divididos en catro grupos. “A duración media da estancia dos alumnos foi de entre tres e catro semanas na que, ademais da súa aprendizaxe no hospital, tiveron tempo de visitar varios puntos da xeografía da provincia ourensá e coñecer de primeira man a nosa riqueza cultural, paisaxística e festiva”.

A encargada de coordinar a formación dos estudiantes foi a Unidade Docente Multiprofesional de Atención Familiar e Comunitaria de Ourense. Ademais,  programou a súa estadía tutelada nos diferentes servizos que os acolleron: Aparello Dixestivo, Cardioloxía, Cirurxía Xeral, Hematoloxía, Pneumoloxía, Medicina Interna, Oncoloxía, Psiquiatría, Unidade da Dor, Uroloxía e Urxencias.

 

 

Así, o obxectivo deste programa é o de intensificar as relacións entre o ámbito universitario e o ámbito sanitario e posibilitar o achegamento dos alumnos universitarios á realidade profesional e a transferencia e intercambio do coñecemento. “Está dirixido a estudantes de “Pre-Health”, curso que realizan os estudantes en Estados Unidos e Canadá antes de comenzar os seus estudos en ciencias da saúde. Os estudantes non poden realizar ningunha actividade médica, soamente poden observar, e as prácticas son de curta duración e se organizan de xeito que o estudante poda rotar por varios servizos diferentes”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close