CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Alumnos do CEIP Condesa de Fenosa visitan as instalacións do Distrito Forestal XIII, no Barco

O centro barquense traballa nun proxecto PITEAS sobre “incendios forestais na comunidade de Galicia”

O Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras é un dos centros de Educación Infantil e Primaria seleccionado este curso para participar nun dos programas PITEAS (organizado pola Xunta, a Universidad de Santiago e a Fundación Barrié de la Maza) centrado nos “incendios forestais na comunidade de Galicia”. Por iso, na mañá do 15 de febreiro un grupo de alumnos de segundo de primaria do centro barquense, visitaban, acompañados por varias profesoras, as instalacións do Distrito Forestal XIII, na Casa Grande de Viloira.

Guiados polo axente forestal Isidro Martínez (Brigada de Investigación de Incendios Forestal), os cativos visitaron cada un dos departamentos do Distrito, dende os despachos ata o local onde están as emisoras e demais medios, así como as motobombas, coche de brigadas e demáis materiais de extinción, asistindo asemade a unha demostración nos xardíns da Casa Grande.

Este programa PITEAS consta de varias actividades. Ademais da visita desta mañá e de charlas divulgativas que xa recibiron no propio centro, teñen previstas máis saídas. Dende o centro, destacan que o obxectivo do proxecto é “que os nenos investiguen sobre o tema e nós busquemos o talento de cada un deles”.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button