OurenseSen categorizarÚltima hora

Alumnos das Aulas Tecnópole de Ourense premiados en Exporecerca Jove

Un primeiro premio, un terceiro e un accesit no certame científico celebrado en Barcelona
Foto de grupo  en Barcelona.
Foto de grupo en Barcelona.

Os alumnos das Aulas Tecnópole arrasaron esta fin de semana no certame científico Exporecerca Jove celebrado do 18 ao 20 de marzo en Barcelona. Os seus proxectos foron merecedores do primeiro e do terceiro premio, ademais dun accesit, o que os levará á principal feira científica de Europa, e a un dos eventos de referencia neste eido en Latinoamérica. A eles sumáronse, co segundo premio, os gañadores da Galiciencia 2015, estudantes de Biscaia, que viaxarán tamén a Brasil para presentar o seu proxecto. Todos eles competían con 110 proxectos de nove nacionalidades.

Clara Mingyue López e Iria Ollero gañaron o primeiro premio da categoría de segundo ciclo da ESO co seu kit de baixo custo para realizar prácticas de xenética. As alumnas desenvolveron o seu propio prototipo utilizando a impresión en 3D. Ademais deste galardón que as levará á Expo-Sciencies Europe que terá lugar en xullo en Toulouse (Francia), o proxecto de Iria e Clara levou tres premios especiais, outorgados por entidades colaboradoras no certame: a Fundación Ciencia en Societat, o diario Ara e a empresa RICOH American Corporation.

Iria Ollero e Clara Mingyue
Iria Ollero e Clara Mingyue
Martín Ansia e Miguel Rodríguez.
Martín Ansia e Miguel Rodríguez.
Juan Carlos Navares.
Juan Carlos Navares.

O sistema de análise da calidade do aceite usado en freidoras que desenvolveron Martín Ansia e Miguel Rodríguez logrou o terceiro premio da categoría de primeiro ciclo da ESO, dotado coa participación na feira cientÌfica que terá lugar en novembro na localidade brasileira de Natal. Botando man da espectrofotometría, estes dous inventores son capaces de determinar cando o aceite debe ser substituído para evitar as alteracións químicas provocadas por unha reutilización excesiva que resultan tóxicas para o consumo.

Ademais, Juan Carlos Navares levou un accesit que lle permitirá defender na Feira da Ciencia de Jerez de la Frontera (Cádiz) a súa aplicación móbil de compravenda de produtos agrícolas sen intermediarios, deseñada co obxectivo de reducir os prezos para os compradores e aumentar as ganancias dos vendedores.

Artigos relacionados

Back to top button