CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Alumnos de 4º e 5º de Primaria do colexio Divina Pastora percorren O Barco en bicicleta

A iniciativa enmárcase no programa “Mobilidade Sostible e Segura”

Coa bicicleta como medio de transporte, na mañá do 16 de maio os alumnos de cuarto e quinto de Educación Primaria do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras, participaron nunha animada e saudable ruta pola contorna, incluíndo unha parada na área recreativa do Salgueiral para realizar un circuíto de actividades.

A iniciativa enmárcase no programa da Xunta “Mobilidade Sostible e Segura” e este ano contou coa colaboración do Club de Ciclismo Tres Lunas. Antes da saída en bici, cos cativos acompañados por tres profesores do colexio e algúns pais “aos que sempre convidamos a participar nestas actividades”, explica a profesora de Educación Física, o subdirector do club valdeorrés Pablo Diéguez, estivo cos nenos, amosando o seu apoio co proxecto que agradecen especialmente dende o centro educativo.

 

Inicio da ruta no exterior do colexio.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button