CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima horaVídeos

Alumnos de 5 anos do CEIP Julio Gurriarán interpretan unha adaptación musical dun poema de FDG

 

Estando como estamos no Ano de Florencio avecíñanse días de intensa actividade en torno á figura do poeta valdeorrés e dende o CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco estanse preparando a conciencia. Por iso, aproveitando a celebración do Día do Libro e preparándose tamén para os Maios, presentan un fermoso vídeo no que os alumnos de 5 anos B do centro interpretan unha adaptación musical do famoso poema Aí vén o Maio do escritor de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) Florencio Delgado Gurriarán ao que está adicado o Día das Letras Galegas 2022.

 

Artigos relacionados

Back to top button