OurenseÚltima hora

Alumnos de dous colexios da provincia, premiados no concurso nacional ‘Canto tempo tes para min’

Eldana Palacios, Lalo Sánchez e Noa Alonso do Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense./ Foto cedida.

 

O alumnado de dous centros escolares da provincia de Ourense vén de ser premiado a nivel nacional na XII edición do concurso escolar ‘Canto tempo tes para min’ convocado por ARHOE, Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois.

O colexio Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense recibiu dous premios. Eldana Palacios Novelle co pseudónimo Tiempo Reciclado, alumna de 3º da ESO foi é a gañadora, e Noa Alonso Fernández Roxal, de 1º da ESO é finalista. Os traballos premiados foron coordinados polo profesor Gonzalo, Lalo Sánchez.

Pola súa banda o colexio María Inmaculada de Verín levouse tres premios. O primeiro na categoría finalista foi para Andrés Rúa Prol de 2º da ESO, co pseudónimo Alpha; e os dous restantes, accésits, para os irmáns Adrián e Pablo Carrajo Ferro Vídeo Estudo Tele8, de 4º e 3º da ESO, e para Lucía Álvarez Merino Informe Pelícano, de 2º da ESO. Os traballos foron coordinados pola profesora Chiqui Otero Jiménez.

 

Lucía Álvarez, Andrés Rúa, Pablo e Adrián Carrajo, do María Inmaculada de Verín./ Foto cedida.

 

O xurado desta edición do concurso destaca a alta participación e a calidade dos traballos presentados, facendo unha mención especial ao Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense e ao colexio público La Vallina de Luanco, Asturias. En palabras de José Luis Caseiro, presidente de ARHOE, “o noso principal propósito con esta iniciativa é sensibilizar sobre a necesidade que teñen os menores de compartir máis tempo coas súas familias; crear conciencia sobre o tempo que realmente empregan os proxenitores no coidado e educación dos seus fillos, e a súa responsabilidade; promover cambios encamiñados a incrementar o tempo dedicado a eles; e facilitar a creación de novos espazos e actividades de relación en familia”.

Esta é a duodécima edición do concurso e tal como sinala Caseiro, “en cada convocatoria podemos constatar que o que máis demandan os nenos é pasar máis tempo cos seus pais e nais. Laméntanse da ausencia que atopan na casa á hora de enfrontarse ás tarefas diarias, preocupacións e problemas, así como a falta de comunicación, algo que nos inquieta moito e que deberiamos remediar canto antes. Queda moi claro que o mellor regalo que os proxenitores poden facer aos seus fillos é dedicarlles máis tempo”, conclúe.

 

Artigos relacionados

Back to top button