SanidadeÚltima hora

Alumnos de “pre health” de EE.UU e Canadá fórmanse no CHUO

Este programa de formativo desenvólvese no complexo ourensán dende o ano 2015
Grupo de alumnos dos EE.UU. e Canadá ás portas do CHUO.

Alumnos de Ciencias da Saúde de universidades de Estados Unidos e Canadá completan estes días un programa de rotación por distintos servizos e unidades do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), dentro do programa “Atlantis Project” do St. Mary´s Institute for Educacional Excellence.

Este programa está dirixido a estudantes de “Pre-Health”, curso que realizan previamente ao inicio de calquera disciplina de Ciencias da Saúde (Medicina, Farmacia, etc.) dacordo co seu plano de estudos universitarios. Nas prácticas teñen a oportunidade de seguir aos profesionais, na súa xornada de traballo, coñecendo así súas súas funcións e as técnicas que realizan nos distintos servizos, aportando pola súa parte prácticas de inglés, mediante  conversación, talleres, traduccións, etc.

Este período formativo práctico, que comezou a realizarse no CHUO xa en 2015, son de curta duración, coincidindo cos períodos vacacionais das universidades americanas. A súa duración varía de unha a catro semanas, e nelas participan grupos reducidos de 6 a 8 estudantes, que van rotando, ao longo deste tempo, por diferentes servizos, con especial interese naqueles nos que podan presenciar técnicas asistenciais ou diagnósticas como diálise, endoscopias, cirurxía, probas de imaxe, hemodinámica, etc.

Esta colaboración entre o Sergas e St. Mary´s Institute for Educacional Excellence, coordínase entre a Subdirección Xeral de Investigación, Docencia e Innovación do Sergas e as Unidades de Docencia dos distintos hospitais de Galicia, que a súa vez adaptanse á dispoñibilidade para participar no programa dos servizos, o número de estudantes que poderían admitir e as datas mais axeitadas.

Este programa ten tamén como obxectivos os de intensificar as relacións entre o ámbito universitario e sanitario, o achegamento dos alumnos universitarios á realidade profesional e a transferencia e intercambio do coñecemento.

Artigos relacionados

Back to top button