Galerías de fotosÚltima hora

Alumnos do CEIP Condesa de Fenosa celebran “O Día dos Aniversarios” na Residencia de Fátima, no Barco

Nenos e residentes compartiron xogos e unha merenda a base de doces caseiros

O derradeiro xoves de cada mes, un grupo distinto de alumn@s do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeoras, acude a celebrar todos os aniversarios da clase que se produciran durante ese mes cos maiores da Residencia de Fátima que están nas mesmas circunstancias. Trátase do “Día dos Aniverdarios”, unha emotiva actividade que na xornada de hoxe, 31 de xaneiro, realizaba o alumnado de 4º de Primaria.

Tal como explican dende o centro escolar, esta actividade ten un feixe de obxectivos e unha morea de beneficios tanto para a formación do alumnado, comao para a vida diaria dos maiores. “Favorece a valorización e o respecto d@s nen@s cara as persoas maiores, rompemos coa monotonía das súas rutinas diarias e levamos ledicia á Residencia (@s nen@s sempre aportan ledicia alí onde van e entre as persoas maiores moito máis) e tod@s nos sentimos útiles cultivando as emocións”, aseguran.

O menú central da festa foron os doces que os propios homenaxeados realizan na casa coas súas familias, así como os elaborados no obradoiro de repostería que fan na Residencia o día anterior. E como fin de festa, trala merenda nenos e maiores compartiron xogos promovendo o achegamento interxeracional.

“Foi todo un éxito polo que continuaremos”, conclúen dende o CEIP.

Fotos: CEIP Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button