CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Alumnos do CEIP Pluriligüe Condesa de Fenosa, polo Camiño de Inverno

O 25 de outubro farán o treito entre O Barco de Valdeorras e Arcos (Vilamartín)
Alumnos do CEIP Condesa de Fenosa diante do centro. /Foto cedida.

Que os máis pequenos coñezan o camiño xacobeo que entra en Galicia por Valdeorras, é o obxectivo da actividade que o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa ten programado para o vindeiro xoves 25 de outubro. En horario de 10 a 17 horas o alumnado de 3º a 6º de Primaria realizará un tramo do Camiño de Inverno entre O Barco de Valdeorras e a localidade de Arcos (Vilamartín), onde o escritor David D. Vázquez, dará aos cativos detalles desta ruta de peregrinación.

Tal como explican dende o centro escolar, esta actividade enmárcase dentro do programa da Xunta “Pasaporte Solidario”, que se desenvolve durante un período de 3 anos e remata coa realización de alomenos un anaco dalgunha ruta xacobea. “Os anos anteriores, nos que participou todo o alumnado de Primaria, centrábase sobre todo na realización de actividades e/ou accións de carácter solidario que quedan reflectidas nun pasaporte individual, co obxectivo último de formar futuros adultos comprometidos e sensibles coa realidade social que nos rodea”, aseguran.

Artigos relacionados

Back to top button